Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música e arquitectura únense en Santiago co ciclo 'Onde a música habita'

GUADI GALEGO ABRE ESTE SáBADO O PROGRAMA DESTA PROPOSTA DO CONCELLO CO COLEXIO DE ARQUITECTOS

Música e arquitectura únense en Santiago co ciclo 'Onde a música habita'

MISCELáNEA | marzo 25, 2022

imaxe non dispoñible

Pór en valor a arquitectura notable da cidade de Santiago de Compostela como marco de accións culturais, neste caso musicais, é o obxectivo do ciclo "Onde a Música Habita", organizado polo Concello e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago). Serán en total catro concertos ao longo do ano que achegarán a música a espazos arquitectónicos referentes na cidade pero dos que moita cidadanía descoñece a súa relevancia arquitectónica, a pesares de ser edificios coñecidos e utilizados. Cada concerto será introducido polo actor Quico Cadaval, que contará aos asistentes a historia de cada localización e en cada concerto a música porase ao servizo da arquitectura, adaptando cada proposta musical ás características do espazo.

A actuación este sábado ás 12 do mediodía de Guadi Galego no Colexio Raíña Fabiola inaugura o ciclo. O edificio é obra do arquitecto italiano Giorgio Grassi, e Cadaval dará as claves desta construción. Os seguintes concertos itinerantes deste ciclo serán o 18 de xuño, co concerto de Laura Lamontagne & Picoamperio, Xardín das Pedras na Biblioteca de Fonseca; o 17 de setembro co concerto de Abraham Cupeiro no Museo de Historia Natural no Parque de Vista Alegre; e o 3 de decembro co concerto de Xan Campos Trío na Praza de Aurelio Aguirre en Conxo. As entradas para os concertos, que son gratuítos, pódense reservar na web de reservas.gal, no apartado "Onde a música habita". O ciclo foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente do COAG Santiago, Ángel Cid, quen amosou o seu desexo de que esta iniciativa "se convirta nun ciclo estable dentro da programación cultural da cidade, ademáis de ser un proxecto exportable a outras cidades".