Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello reabre o complexo musical Vigosónico

A FUNDACIóN PAIDEIA ACHEGARá NESTAS INSTALACIóNS UN CURSO DE EMPRENDEMENTO DIXITAL á ESCENA LOCAL

O Concello reabre o complexo musical Vigosónico

MISCELáNEA | febreiro 4, 2022

imaxe non dispoñible

Só uns días despois de rexeitar unha moción do grupo municipal da Marea a solicitar a reapertura do complexo Vigosónico, o Concello Olívico anunciaba este 3 de febreiro a reactivación destas instalacións. O rexedor local, Abel Caballero, presentaba onte en rolda de prensa un programa de formación sobre emprendemento musical que convoca a cámara municipal en colaboración coa Fundación Paideia no marco do Espazo Coworking Go2 Work e que devolverá a actividade a este espazo.

Fechado desde o comezo da pandemia por considerar que non cumpría as condicións axeitadas de hixiene, Vigosónico acolle salas de ensaio, formación e gravación. Ademais, Caballero asegurou que para finais do mes de febreiro recuperarase a actividade das salas de ensaio, un servizo que leva tempo a ser reclamado polo colectivo Grupos de Vigo en Loita.

O alcalde anunciou que se realizaron melloras na filtración de aire e que se instalarán medidores para garantir a calidade do mesmo e minimizar os riscos de contaxio nestes espazos. O colectivo que representa os músicos vigueses sinalou o seu escepticismo sobre o alcance real desta reapertura, xa que temen que non implique a recuperación do horario completo de actividade deste espazo.