Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Xunta concreta o seu apoio á Orquestra Sinfónica en 3,5 millóns de euros

A FORMACIóN VOLTARá AO PAZO DA ÓPERA DA CORUñA LOGO DE ABOAR A DéBEDA PENDENTE COA XESTORA DO LOCAL

A Xunta concreta o seu apoio á Orquestra Sinfónica en 3,5 millóns de euros

CLáSICA/LíRICA | agosto 5, 2021

imaxe non dispoñible

Tal e como anunciaran no pasado mes de xuño, a Consellería de Cultura e o Consorcio para a Promoción da Música asinaron este 4 de agosto dous convenios polos que a primeira entidade achega 3,5 millóns de euros ao funcionamento da segunda, responsable da Orquestra Sinfónica de Galicia. Estes fondos, recollidos nos orzamentos para 2021, supoñen un incremento no apoio autonómico á Orquestra, xa que aos habituais 2,7 millóns consignados para gastos correntes da formación súmanse outros 800.000 euros "como achega extraordinaria para a realización de actividades co gallo do Xacobeo 21-22".

O incremento, no entanto, non resolve a cuestión da débeda que o organismo autonómico mantén coa formación dependente do Concello da Coruña, xa que, segundo denunciou repetidamente a cámara municipal, o compromiso da Xunta era achegar anualmente un mínimo de tres millóns de euros, cantidade que non se abona desde 2011. Desde a perspectiva municipal, a diferenza co efectivamente achegado supera xa os 5 millóns de euros de débeda por parte do Goberno Autonómico.

De xeito paralelo, un acordo sobre a débeda que a OSG mantiña coa empresa xestora do Pazo da Ópera da Coruña permitirá que a formación musical poida retomar a súa actividade neste recinto. Segundo recolle hoxe o xornal La Opinión, o Consorcio para a Promoción da Música aboará á empresa responsable un total de 600.000 euros por un uso do recinto que a Sinfónica non realizou en 2020 ao trasladar as súas actividades ao Coliseum por mor da pandemia.