Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Zas suspende por segundo ano a súa Festa da Carballeira

O VETERANO FESTIVAL FOLK FOI DECLARADO FESTA DE INTERESE TURíSTICO GALEGO EN 2020

Zas suspende por segundo ano a súa Festa da Carballeira

FOLK | xuño 16, 2021

imaxe non dispoñible

Tampouco en 2021 haberá Festa da Carballeira de Zas. A 38 edición do festival folk, que xa non se puido celebrar en 2020, foi suspendida pola organización do evento. Segundo sinala nun comunicado a Asociación Cultural Castro-Meda "a situación sanitaria actual segue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes no festival". A entidade chama ao público a asistir ao evento en 2022, previsto para os días 5 e 6 de agosto. Dáse a circunstancia de que o festival foi declarado Festa de Interese Turístico Galego en febreiro de 2020, sen que desde aquela se puidese celebrar por mor da situación sanitaria.