Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Fernando Llor e Miguel Porto presentan a BD Subnormal sobre acoso escolar
Fernando Llor e Miguel Porto presentan a BD Subnormal sobre acoso escolar
agosto 3, 2020
O web da editora española Panini Cómics ten xa dispoñible en prevenda Subnormal, unha banda deseñada de autoría galega. O guionista Fernando Llor e o debuxante Miguel Porto asinan esta obra que aborda o caso real de acoso escolar que sofreu o xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta. O traballo, de 152 páxinas a cor, contou co asesoramento do propio Zubizarreta para a súa realización. Está previsto que este volume chegue ás librarías a final do mes de agosto.
Llor asina tamén o guión do Armadiña Rock en Banda Deseñada, un volume co que este festival que se celebra en Combarro quere paliar en parte a súa suspensión deste ano. A homenaxear as persoas que seguen a cita, a obra, con debuxo de Pablo Prado, aborda as aventuras dun heteroxéneo grupo que asiste ao evento, e porase a disposición do público en vindeiras datas. Esta é a primeira edición que fai a organización do Armadiña, que ademais reivindica ser "o primeiro festival do mundo que se adapta á BD".