O festival Marisquiño cancela a súa edición 2020
abril 7, 2020
"Dificultades sanitarias, organizativas e de seguridade" derivadas da crise sanitaria polo Coronavirus, levaron a organización do festival Marisquiño a cancelar a edición 2020 deste evento. A cita de deportes e cultura urbana viguesa, prevista inicialmente para o vindeiro mes de agosto, non poderá celebrar o seu vixésimo aniversario ata 2021. De xeito similar tamén o festival gastronómico e musical Vigo Seafest acordou non celebrar a súa edición deste ano e convoca á vindeira para xullo do amp vindeiro.
De xeito similar, o Kurrala Rock de Corrubedo, previsto para este 9 de abril, cancelou a súa nova edición, mentres desde Vilagarcía o Festivala, Mulleres Creando, traslada a súa celebración para o vindeiro 19 de setembro. O ICC Week ourensán tamén se muda ao vindeiro outono. O Rock en Canido, que se ía celebrar o vindeiro 2 de maio, adía sen data a súa celebración, ao igual que o pontevedrés Galegote Rock, previsto inicialmente para abril.