Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A Orquesta Clásica de Vigo outorga os seus premios CreaClásica a novos compositores

AS TRES OBRAS GAñADORAS ESTREARANSE NA TEMPADA 2020 DA FORMACIóN VIGUESA

A Orquesta Clásica de Vigo outorga os seus premios CreaClásica a novos compositores

CLáSICA/LíRICA | decembro 13, 2019

imaxe non dispoñible

Ismael Amoedo Collazo, Carme Rodríguez e Manuel Veiga Lombardía foron designados onte como gañadores nesa mesma orde dos tres premios da primeira edición do certame CreaClásica convocado pola Orquesta Clásica de Vigo e a Fundación SGAE. CreaClásica é a primeira edición dun concurso de composición destinado a novos compositores galegos. Un proxecto que aposta pola difusión e recoñecemento de novos talentos e que busca, ademais, incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo. O xurado asignou o primeiro premio á obra Tempestas de Ismael Amoedo Collazo; o segundo a Preludio da noite sulagada de Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996) e o terceiro premio foi para Preludio e Fuga, de Manuel María Veiga Lombardía. As tres obras gañadoras, a parte da dotación económica correspondente, serán programadas e estreadas na tempada 2020 da Orquesta Clásica de Vigo, coa fin de difundir o traballo destes novos talentos se servir así de plataforma de lanzamento para as súas carreiras.

O gañador, Ismael Amoedo, cursou estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde este mesmo ano obtivo o Título Superior de Música na especialidade de Composición. Carme Rodríguez acadou o Grao en Composición de Músicas Contemporáneas na Escuela Universitaria TAI de Artes y Espectáculos de Madrid e é compositora habitual de bandas sonoras para curtametraxes dende o ano 2013. Actualmente realiza arranxos e transcripcións para a Coral Polifónica de Ribadeo, ademais de ser membro activo da mesma, e é compositora por encargo para formacións musicais como Mbira-Duo ou Ensemble TAI, así como asistente e orquestadora para proxectos diversos incluíndo de televisión. Manuel Veiga Lombardía fixo a especialidade de Guitarra no Conservatorio Profesional de Música de Lugo e continuou a súa formación na especialidade de composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo (2016). Formas parte do grupo folk Milesios.