Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival 17º Ribeira Sacra deixou medio millón de euros na contorna

A AGADIC CIFRA EN 3.500 AS VISITAS AO EVENTO QUE SE CELEBROU EN XUñO

O Festival 17º Ribeira Sacra deixou medio millón de euros na contorna

MISCELáNEA | setembro 24, 2019

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, presentaba onte o estudo de avaliación do festival Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrou o pasado mes de xullo. Segundo a metodoloxía do Grupo de Investigación en Economía da Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, o evento deixou un retorno económico de 490.000 euros en toda a súa zona de influencia, e tivo 3.500 visitas por parte dunhas 1.600 persoas diferentes. Destas, un 21 por centro eran de fóra de Galicia, cun gasto medio por persoa e día estimado en 77 euros. As cifras extráense de 815 enquisas directas a asistentes e mais das cifras facilitadas polo propio festival.

De media, as persoas que asistiron ao encontro danlle unha puntuación de 8,2 sobre 10, cunha especial valoración, superior a 9, a cuestións como a localización e integración na contorna, o trato do persoal, a sensación de seguridade ou o mantemento dos espazos. O perfil de público que participou no festival é o dunha muller, galega, de entre 35 e 44 anos, con estudos universitarios, traballadora por conta allea e que acude en grupo con dúas persoas. A Agadic destacou que, segundo estes datos, houbo un retorno de entre 13,4 e 16,2 euros por cada euro dos 21.136 adxudicados ao festival través da última convocatoria de subvencións.