Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña achégase á música contemporánea co II Festival RESIS

A CIDADE ACOLLERá AO LONGO DO MES DE MAIO SETE CONCERTOS E DIFERENTES ACTIVIDADES

A Coruña achégase á música contemporánea co II Festival RESIS

CLáSICA/LíRICA | abril 22, 2019

imaxe non dispoñible

Coa intención de se consolidar como unha plataforma estable de estrea e difusión da música contemporánea o Festival RESIS celebrará na Coruña a súa segunda xeira. Entre o 3 e maio e o 1 de xuño espazos da cidade como a Domus, a Fundación Luís Seoane, a Igrexa das Capuchiñas, a NORMAL, o Museo de Belas Artes ou o Paraninfo da UDC acollerán as actuacións de Begoña M. Santiago, César Viana e Luz Arcas, Romina Casile e Marco Maril, Gran Torso, David Durán, Manuel del Río, Vertixe Sonora ou Hachè Costa & Jacobo Gaspar. O programa inclúe ademais un encontro entre música e gastronomía e obradoiros nos que alumnos de composición do Conservatorio de Vigo se encontrarán con tres compositores contemporáneos.