Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Martiño Noriega defende o método de invitacións dos concertos gratuítos
Martiño Noriega defende o método de invitacións dos concertos gratuítos
xullo 27, 2018
Na rolda de prensa na que se presentaba o vindeiro concerto do grupo de power metal Helloween no Multiúsos do Sar o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, defendeu o sistema de concertos de balde con retirada física de invitación previamente para as festas do Apóstolo da capital galega. O método, que non favorece ao público de fóra da cidade para achegarse aos espectáculos de Rubén Blades e Rosalía este ano, causou algún que outro problema con grandes colas no primeiro día de dispoñibilidade das invitacións e motivou tamén a cancelacións de viaxes concertadas como o autobús que a sala coruñesa Mardi Gras tiña contratada para asistir ao espectáculo de Blades. "Todo o gratuíto ten un custe. A fórmula perfecta non existe", aseguraba o alcalde que vencellou a elección deste método ao criterio no que prima a seguridade na Praza da Quintana e ao carácter de excepcional gratuidade destes dous concertos. "Se facemos un cálculo previo de acceso á praza e nos atopamos cunha gran aglomeración ou un problema de seguridade no acceso á praza estaríamos falando doutro tipo de cuestión e eu teño claro que prefiro unas molestias ou unha cola que un problema de seguridade nunha praza de 5000 persoas", sentenciou o alcalde compostelán. "A ninguén se lle escapa que iso limita bastante o acceso á xente que non é da cidade, do contorno ou da comarca", recoñeceu Noriega que tamén quixo establecer unha diferencia entre as festas da cidade e outros eventos á hora de optar polo acceso de balde que condicionaba a imposibilidade de usar a plataforma de despacho virtual habitual do Concello ao ir o custo desta a porcentaxe do custe da entrada. "É certo que podía ao mellor terse explorado algunhas outras vías de cara a outro tipo de plataformas a través da promotora pero son cuestións a abordar no futuro", comentou. "Valoráronse outras opcións no seu momento,- dixo o alcalde- como foi poñer entrada para os concertos e iso houbera implicado a posibilidade de subilo a ATaquilla, pero desbotouse porque é certo que durante toda a lexislatura diferenciouse o espazo das festas doutros espazos e seguiuse apostando polo feito da gratuidade como método de garantir a accesibilidade da xente da cidade a eventos punteiros culturais".
Da man da promotora Sweet Nocturna os alemáns Helloween traerán para o sábado 8 de decembro a Santiago, no seu único concerto de xira en España no 2018, o espectáculo Pumpkins United no que participarán membros fundadores da banda xunto cos actuais. O grupo, que ten trinta anos de traxecttoria repasará así toda a súa carreira nun espectáculo de tres horas para o que hoxe mesmo saen a venda as entradas en Ticketea ao prezo inicial de 45 euros. Prevese un cheo nas 9.000 prazas de que dispón o Multiusos compostelán e afluencia desde toda a península.