Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Grelo de Ouro para Luz Casal dos Amigos de Galicia

O XURADO DA XXXIª EDICIóN DESTE GALARDóN RECOñECE AS SúAS FACETAS ARTíSTICA E HUMANA

Grelo de Ouro para Luz Casal dos Amigos de Galicia

MISCELáNEA | maio 15, 2018

imaxe non dispoñible

A cantante Luz Casal foi elixida pola Fundación Amigos de Galicia para outorgarlle este ano o seu maior recoñecemento, o Grelo de Ouro, un premio convocado anualmente pola entidade que se institúe para nomear a aquelas personalidades ou entidades que contribúen ao engrandecemento de Galicia. O Xurado desta XXXIª edición do premio destacou nela a promoción e difusión que está facendo de Galicia, a súa solidariedade a través da organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional, e o exemplo de superación que supuxo para a sociedade na loita contra o cancro. En palabras do seu ditame o xurado premiou este ano á cantante galega "pola súa perseveranza e determinación na súa carreira profesional e persoal salientando a defensa e o bo nome dos intereses de Galicia".

Luz Casal, filla única de José Casal e Matilde Paz, naceu no pequeno municipio galego de Boimorto, na provincia de A Coruña, o 11 de novembro de 1958. No ano 2010 foi distinguida coa Medalla Castelao, un recoñecemento que sinala a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo de personalidade galega distinguida. Tamén en 2009 recibiu a Medalla das Artes e as Letras de Francia, entre outro moitos recoñecementos. O engrandecemento de Galicia, e concreto da súa aldea natal, non solo o demostrou traspasando fronteiras, xa que a galega puxo en marcha dende o ano 2012, en colaboración co concello de Boimorto, o Festival da Luz, que se celebra no mes de setembro. Un evento novo con artistas de renome, un evento comprometido coas causas solidarias. Xustamente o pasado ano a recadación deste festival foi para o grupo ONCOMET (Grupo de Oncoloxía Médica) que foi quen recibiu este mesmo Grelo de Ouro na pasada edición. O premio será entregado a Luz casal no Paraninfo da Facultade de Historia da USC. A data está pendente de concretar.