Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Juan Durán faise co Premio Reina Sofía de Composición Musical

A SúA OBRA WHISPERS IN THE DARK REPORTARALLE 35.000 EUROS

Juan Durán faise co Premio Reina Sofía de Composición Musical

CLáSICA/LíRICA | febreiro 19, 2018

imaxe non dispoñible

O Premio Reina Sofía de Composición Musical 2018 que convoca a Fundación Ferrer-Salat, ten nome galego. O xurado deste prestixioso galardón seleccionou a obra Whispers in the Dark, do vigués Juan Durán, como traballo gañador da última xeira. Este premio, "destinado a estimular a creación musical para orquesta sinfónica nas súas diferentes modalidades e facilitar aos compositores a posibilidade de que a súa música poida ser interpretada, escoitada e difundida" está dotado con 35.000 euros en metálico. Ademais, a Orquestra Sinfónica de Radiotelevisión Española estreará o vindeiro mes de outubro a peza premiada no Teatro Monumental de Madrid. O xurado do premio estivo formado por Martín Matalón, David del Puerto, Antonio Lauzurika, Jesús Rueda e Michael Thomas.