Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Esmorga Fest e o Melona avanzan os seus carteis

NUDOZURDO E DISCO LAS PALMERAS! SúMANSE AO ENCONTRO DE SARRIA E SETE GRUPOS FARáN PARTE DA CITA COMPOSTELá

O Esmorga Fest e o Melona avanzan os seus carteis

MISCELáNEA | xaneiro 29, 2018

imaxe non dispoñible

Van saíndo novidades sobres os festivais sonoros máis temperáns do ano. Para alén do Festival A Candeloria de Lugo, con cartel fechado e só 500 prazas para acampada interior por vender a pasada semana, as seguintes citas na axenda adiantan os seus carteis. Deste xeito, o Esmorga Fest de Sarria suma a Nudozurdo e Disco Las Palmeras! e fecha un elenco no que conta tamén con WAS (We Are Standard),La Plata, Jardín de la Croix, Mujeres, Cala Vento, Rayotaser, BULTO, Amparito, FAVX, Presumido, KADETTGSI, Pálida, The Handicaps ou Don Gonzalo. Será entre o 2 e o 3 de marzo, e hai aínda entradas dispoñibles.

Pola súa banda, en Compostela o Melona Fest adianta xa unha selección dos grupos que tocarán na súa terceira xeira, entre o 4 e o 8 de abril vindeiros. Cuchillo de Fuego, Timpahn, Nídia, Emilio José, V¡etnam, Mounqup e Dois son as primeiras confirmacións da cita. Ao longo das vindeiras semanas a organización irá informando das bandas que se suman ao evento, cuxas entradas están xa á venda.