Arantxa Pérez debuta con Hay tanto camino por andar
setembro 26, 2017
Hay tanto camino por andar é o título do primeiro traballo en solitario da catoirense Arantxa Pérez. Logo dunha maqueta co mesmo título e de diferentes vídeos e temas publicados na rede, a cantante autoedita un álbum de dez temas no que contou coa produción de Jordi Cristau. O pop con letras románticas predomina no proxecto, cantado integramente en castelán. Madrid acollerá as primeiras presentacións do proxecto, con concertos nas salas Fulanita de Tal o 26 de novembro e en Clamores o 10 de decembro.