Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Bifannah saca o seu primeiro LP 'Maresía'

A FORMACIóN DEFENDERá O SEU TRABALLO EN VARIOS FESTIVAIS ESTE VERáN

Bifannah saca o seu primeiro LP 'Maresía'

INDIE | xuño 23, 2017

not_27628.jpg

Bifannah é un proxecto recente nacido da cabalo de varios sitios: Barcelona, Londres e Galicia. Formado por catro músicos galegos Antía Figueiras, Antón Martínez, Guillermo V. Zapata e Pablo Valladares no pasado ano sacaron á luz un EP autoeditado e comezaron am overse en concertos por toda a península. A súa proposta de pop psicodélico e garaxe faise usando o portugués nas letras como idioma vehicular. O grupo ven de presentar este mes o seu primeiro disco de longa duración en vinilo Maresía, un traballo con once temas gravado nos estudios Terraforma de Hío (Pontevedra) por Ibán Pérez, que tamén colaborou coa trompeta nun dos temas, mesturado por Jasper Geluk en Holanda e masterizado por Javier Ortiz en Estúdios Brazil. O disco está publicado baixo o selo independente The John Colby Sect no que tamén están outras bandas galegas como Nave Nodriza e Srasrsra. A panoplia sonora deste disco vai desde os tons máis escuros e propiamente garaxeiros ate luminosidades pscodélicas tropicais. A banda defenderá agora o seu traballo en varios directos que os levarán en verán por varias citas na nosa comunidade como o Felipop de Limodre, o festival V de Valarés e o Nororeste Estrella Galicia da Coruña.

datos do disco