Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sensacional volve Desde el limbo

A XIRA DE PRESENTACIóN DO NOVO TRABALLO COMEZARá O 7 DE ABRIL NA SALA MARDI GRAS

Sensacional volve Desde el limbo

INDIE | febreiro 27, 2017

desde_el_limbo_sensacional.jpg

Logo do éxito do seu primeiro traballo, que os levou a tocar en festivais como Portamérica, Gijón Sound, Contempopránea ou Noroeste, a banda coruñesa Sensacional apostou polo crowdfunding para lanzar o seu segundo traballo. O pasado 21 de febreiro vía a luz Desde el limbo, dez novos temas nos que o pop guitarreiro do grupo acada novas cotas de calidade. Sons intensos e arreglos moi coidados crean atmósferas complexas para acompañar letras cunha importante carga poética. Os estudios Bonham da Coruña acolleron a gravación do traballo, que conta con produción de Sensacional e José Martínez. A xira de presentación comezará o vindeiro 7 de abril na Sala Mardi Gras da Coruña no marco do ciclo Son Estrella Galicia.

datos do disco