Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / As guitarras de Daniel Minimalia soan desde Origen

O ARTISTA ANUNCIA UNHA PAUSA NA XIRA DE PRESENTACIóN DO SEU NOVO TRABALLO

As guitarras de Daniel Minimalia soan desde Origen

FUSIóN | xaneiro 24, 2017

origen_minimalia.jpg

Logo de dous anos, o ourensán Daniel Minimalia voltou ao estudio discográfico e aproveitou este inverno para presentar Origen. O guitarrista e compositor continúa no seu terceiro álbum coa súa liña habitual de guitarras do máis variado tocadas cun virtuosismo que navega entre estilos. Rock sinfónico, flamenco ou folk mestúranse nos dez corte do álbum que edita Zouma. Temas como Épika, Auira ou Mariposa de menta, para o que contou coa colaboración de Kepa Junquera están xa dispoñibles na canle de Youtube de Minimalia, que ten tamén o seu disco á venda nas principais plataformas dixitais. Logo de comezar a xira de presentación en Madrid o pasado 1 de decembro, o artista anunciou unha pausa nas súas actuacións ao vivo por cuestións de saúde.





datos do disco