Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / 'Salve discordia' suma e segue como Disco do 2016 de Disco Grande
'Salve discordia' suma e segue como Disco do 2016 de Disco Grande
xaneiro 18, 2017
Cando estamos apiques de facer un ano do lanzamento do, ata o momento, ultimo disco de Triángulo de Amor Bizarro, segue recollendo este mes galardóns. Salve discordia ven de ser elixido como Disco nacional do 2016 a través dunha votación dos oíntes do programa Disco Grande, de Radio 3 de RNE. O programa dirixido por Julio Ruíz é unha referencia da música independente desde hai corenta anos. Os oíntes, a través dun sistema de referendo votaron os seus preferidos e TAB acadou de novo o primeiro posto. A canción que máis soou deles no programa da emisora musical foi "Qué hizo por ella cuando la encontró". O disco de TAB xa foi escollido como disco do ano pola revista Mondosonoro e a semana pasada recibiu o Premio Ruído outorgado polo colectivo Periodistas Asociados de Música. Ante a recente convocatoria dos Premios MIN da música independente o álbum da banda segue postulándose como un dos favoritos.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 8/ 2022 | O 'Diluvio' de Tanxugueiras triunfa
- 17/ 6/ 2021 | 'Néboa' gaña co seu primeiro disco o Premio MIN ao álbum en galego
- 19/ 1/ 2021 | Triángulo de Amor Bizarro obtén o seu segundo Premio Ruído
- 23/ 3/ 2020 | Triángulo de Amor Bizarro dánlle unha volta ao seu son para ser eles mesmos
- 24/ 4/ 2017 | Triángulo de Amor Bizarro saca un EP para coleccionistas