Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece Bibiano, nome fundamental da música galega

DESTACADO COMPEñENTE DE VOCES CEIBES, DESENVOLVEU TAMéN UN IMPORTANTE LABOR DE PRODUCIóN

Falece Bibiano, nome fundamental da música galega

MISCELáNEA | decembro 28, 2016

imaxe non dispoñible

Cantautor, produtor musical e restaurador, Bibiano Morón, coñecido popularmente como Bibiano, falecía onte en Vigo aos 66 anos de idade. O seu nome está vencellado ao movemento de canción protesta Voces Ceibes, onde foi pioneiro en introducir a guitarra eléctrica e creou temas longamente lembrados como Can de Palleiro e discos como Estamos chegando o mar. Para alén do seu labor como intérprete, durante os anos da movida apadriñou moitos grupos e realizou labores de produción musical en Vigo, onde xestionou a coñecida sala Kremlin. Na mesma cidade fundou a Aula de Música Moderna e Electrónica da Escola de Artes e Oficios. Como promotor, foi tamén responsable de levar á Cidade Olívica grandes grupos da escena internacional.