Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Fernando Tato presenta Aún más animal en mi

O MúSICO REEDITA O SEU PRIMEIRO TRABALLO A INCLUíR PEZAS AUDIOVISUAIS E NOVOS CONTIDOS

Fernando Tato presenta Aún más animal en mi

CANTAUTOR | outubro 21, 2016

aun_mas_animal_en_mi_fernando_tato_cd.jpg

Un ano despois de presentar El animal en mí, o cantautor e actor naronés Fernando Tato volve á carga e reedita aquel primeiro álbum. Aún más animal en mi completa os temas daquel debut a achegar demos, directos, vídeos, material inédito e o documental do concerto que deu o artista o pasado mes de marzo na compostelá Sala Capitol. O álbum está marcado por cancións sobre o amor e o desencontro, e sae como o anterior da man do selo Granja Beat. Logo do lanzamento da edición física este 21 de outubro, a partir do vindeiro 24 estará dispoñible o álbum na versión dixital.

datos do disco