Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O dúo Presumido presenta en concerto o primeiro LP Vendetta en Pontevedra

LEVARáN A SúA PROPOSTA DE POP ELECTRóNICO EN XIRA ATA PARíS

O dúo Presumido presenta en concerto o primeiro LP Vendetta en Pontevedra

ELECTRóNICA | setembro 22, 2016

PORTADA-VENDETTA-PRESUMIDO-2016.jpg

O dúo Presumido, formado polos músicos Tarci Ávila e Nacho Dafonte presentarán o vindeiro xoves en directo o seu primeiro LP Vendetta. A Sala Karma de Pontevedra acollerá este concerto co que abren unha xira que os levará por 12 localidades incluídos dous concertos en terras francesas, en Besançon e Paris. A banda de Vigo e Ourense xa presentou nestes meses en avance dous dos dez temas do disco e obtivo gran recoñecemento por parte da prensa musical especializada á súa proposta de Synth Pop baseada no pop electrónico dos 80 con influencias da electrónica actual. A súa música estará aderezada nos escenarios cun acompañamento de luces e visuais construído artesanalmente por eles mesmos. Os propios Tarci Ávila e Nacho Dafonte definen o seu espectáculo coma "Unha montaña rusa de sentimentos y emocións". Tarci Ávila, comezou Presumido inicialmente en solitario tras pasar por bandas como The Blows, Eladio y los Seres Queridos, Igloo e a dirección musical do proxecto "Galicia Caníbal" e sacou o primeiro EP de Presumido Ahora mejor en 2014. O álbum está editado por Music Bus.

datos do disco