Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As Irmandades da Fala protagonizan o Festival de Poesía do Condado

SALVATERRA ACOLLE O ENCONTRO LITERARIO-MUSICAL OS VINDEIROS 2 E 3 DE SETEMBRO

As Irmandades da Fala protagonizan o Festival de Poesía do Condado

MISCELáNEA | agosto 29, 2016

imaxe non dispoñible

Unha exposición sobre o centenario das Irmandades da Fala e outra sobre os Debuxos de negros de Castelao, así como unha mostra do traballo pictórico de Daniel Pérez, abren o vindeiro 2 de setembro a trixésima edición do Festival de Poesía do Condado. Salvaterra do Miño acolle, como é habitual esta cita, na que se mesturan nomes das letras e da música cun nutrido programa de actividades. Deste xeito, no evento recitarán autores como Rochi Nóvoa, Emma Pedreira, Mário J. Herrero, Rui Spranger, Ana Romaní, Aurora Boreal, Oriana Méndez, Jesús Castro, Manolo Pipas, Lara Dopazo e Antón Blanco. No apartado musical, haberá concertos de Sofía Espiñeira, Zurrumalla, Sokram, Familia Caamagno, O Puto Coro do Exército Froilanista, Ronco&foll, Espalda Kemada e a DJ Selecta Alice. Canda a isto, o programa inclúe mercado de artesanía, presentacións literarias, programa infantil e proxeccións audiovisuais de curtas do Festival de Cans e mais do filme Mans Mortas, de Daniel Pérez e Adrián González.