Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sesenta actuacións de rúa no Feito a man de Compostela en agosto

O CICLO CHEGA á SúA DéCIMA TERCEIRA EDICIóN NOS VERáNS DA CAPITAL

Sesenta actuacións de rúa no Feito a man de Compostela en agosto

MISCELáNEA | xullo 28, 2016

imaxe non dispoñible

Cun total de 60 propostas artísticas de música, teatro ou outras disciplinas encherase de creatividade a zona vella compostelana do 2 ao 27 de agosto na XIII edición do festival Feito a Man que organiza a Asociación Cultural Cidade Vella. O groso da actividade recae nas terrazas dos establecementos organizadores ofrecendo espectáculos de pequeno formato en recunchos do casco antigo. Ademais das terrazas tamén prazas como a de San Martiño Pinario, a de Cervantes, a de Mazarelos ou o xardín da Zona "C" acollerán espectáculos.

Rock, funk, música folk, blues, jazz e múltiples variantes destas modalidades están representadas no programa desta edición con artistas moi coñecidos como Adrian Costa, Aló Django ou Pablo Seoane Trío entre outros moitos. Cabe destacar a noite que terá lugar na Praza da Quintana o domingo 21: A Gran Foliada Balgalaika! Coas actuacións de Radio Cos e Fanfare Çiocarlia (Romanía). Unha festa única e irrepetible para bailar ao ritmo da música de baile de Galicia e a música Gipsy Brass dos Balcáns.