Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Radio Cos representará a música galega no Womex

É A TERCEIRA BANDA DO NOSO PAíS QUE PARTICIPA NA SECCIóN OFICIAL DO FESTIVAL

Radio Cos representará a música galega no Womex

FUSIóN | xuño 23, 2016

imaxe non dispoñible

Por terceira vez na historia do evento o Womex, festival internacional dedicado ás músicas do mundo, contará cunha banda galega na súa sección oficial. A organziación do evento, que se celebra este ano en Compostela, anunciaba onte a listaxe de proxectos seleccionados para os seus showcase, entre os que se atopa Radio Cos. o grupo que lideran Quique Peón e Xurxo Fernandes súmanse así a Mercedes Peón, que estivo presente na edición de 2010, e a Davide Salvado, que participou na sección oficial de 2014.

Canda aos galegos, confirmouse a presenza nesta sección oficial de Bargou 08 (Tunisia / Bélxica), Bixiga 70 (Brasil), Black String (Corea do Sur), C4 Trio (Venezuela), Delgres (Guadalupe / Francia), Dudu Tassa & The Kuwaitis (Israel), Gisela João (Portugal), Gulzoda (Uzbekistan), Maïa Barouh (Xapón / UK), New York Gypsy All Stars (Macedonia / Turquía / Grecia / USA), Noura Mint Seymali (Mauritania), Okra Playground (Finlandia), Oligarkh (Rusia), Ponk (Chequia), Puerto Candelaria (Colombia), The East Pointers (Canada), Throes + The Shine (Angola / Portugal), Trad.Attack! (Estonia), Trio Da Kali (Mali), Tulegur (China), United Vibrations (UK) e Vassvik (Noruega) que amosarán o seu traballo entre os vindeiros 19 e 23 de outubro na capital galega. No xurado internacional que fixo a selección estivo tamén presente un galego, Vítor Belho, de Nordesía Produccións. A estas actuacións sumaranse en vindeiras datas outros concertos programados en seccións paralelas do evento.