Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Efraím Díaz reivindica o pito pastoral galego cun disco

OUVIRMOS PUBLICA EN PARALELO UN MéTODO PRáCTICO PARA ESTE INSTRUMENTO

Efraím Díaz reivindica o pito pastoral galego cun disco

FOLK | xaneiro 22, 2016

pito_galego_efraim_diaz.jpg

O pisto pastoril galego, un tipo de frauta que se toca cunha dixitación similar á da gaita, está en pleno proceso de recuperación. Para afortalalo, acaban de ver a luz dous novos lanzamentos que teñen este esquecido instrumento como protagonista. Por unha banda, Efraím Díaz lanzou recentemente en Inquedanzas Sonoras o disco Pito galego, no que explora as súas posibilidades a interpretar 19 pezas, xa en solitario, xa acompañado doutros sons como os de gaitas, zanfonas, violíns ou guitarras. En paralelo a este traballo, Ouvirmos acaba de lanzar o libro Pito galego. Método práctico. Este traballo de Moisés Quintas fai un percorrido pola historia e variedades deste instrumento, a achegar técnicas para o dominar, melodías axeitadas ao mesmo e mesmo indicacións sobre como construír un.

datos do disco