Aerolíneas Federales voltan con @AAFF#715
novembro 26, 2015
Logo de o lanzar exclusivamente nas redes, este 27 de novembro comeza a venda do novo álbum de Aerolíneas Federales. @AAFF#715 sae á venda nunha edición en vinilo de alta calidade, con libreto de vinte páxinas e un CD incluído. O disco achega un total de nove temas novos, nos que Rosa Costas, Coral Alonso, Silvino Díaz, Luis Santamarina e Miguel Costas, formación orixinal do conxunto vigués, retornan con novas cancións logo de 25 anos. No álbum, o grupo mantén as esencias do seu pop con tintes punk en títulos como Telephone Zombie, Alta Tensión ou El Color del Amor. @AAFF#715 está editado por Lemuria Récords.