O DúO REINTERPRETA TEMAS TRADICIONAIS E DE AUTORES PORTUGUESES E BRASILEIROS
Falúa presenta o seu primeiro disco, orientado á lusofonía
outubro 23, 2015
Dous temas tradicionais galegos, tres de Portugal, da autoría de Vitorino, Zeca Afonso e Amália Rodríguez, un do brasileiro Chico César e outro do cubano Silvio Rodríguez. Esta é a aposta que fai o dúo Falúa para presentar o seu primeiro e homónimo disco. O dúo composto pola vocalista Sara de Sousa e Gom de Abadin á guitarra autoeditou o álbum e está a desenvolver unha serie de concertos por todo o país para dar a coñecer o seu proxecto.
datos do disco