Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Womex voltará a Compostela en 2016

A CAPITAL GALEGA FOI SELECCIONADA POLA ORGANIZACIóN ENTRE UNHA DUCIA DE CIDADES

O Womex voltará a Compostela en 2016

FOLK | outubro 19, 2015

imaxe non dispoñible

Logo do éxito que supuxo a súa edición de 2014, a organización do Womex, a principal feira internacional de músicas do mundo, aposta de novo por Compostela. A capital galega acollerá entre o 19 ao 23 de outubro de 2016 unha nova xeira deste encontro, que inclirá actuacións na Cidade da Cultura e mais no casco histórico compostelán entre moitas outras actividades. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e mais o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, anunciaban esta mañá a elección, para a que a capital galega tivo que competir cunha ducia de localidades de maior tamaño. A presentación oficial do vineiro Womex realizarase este mesmo venres en Budapest, cidade na que se está a celebrar a edición deste ano.


Para o encontro, que se estima ten un retorno económico de 2,5 millóns de euros para Galicia, cóntase coa presenza de delegados de noventa países, e no programa inclúense ciclos de cinema, conferencias, concertos de presentación ou actividades formativas.

DOCUMENTO