Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Sinsalaudio presenta o seu XIII Festival de Outono

O COLECTIVO ORGANIZA TAMéN UNHA NOVA EDICIóN DO CICLO MONUMENTA

Sinsalaudio presenta o seu XIII Festival de Outono

MISCELáNEA | agosto 24, 2015

imaxe non dispoñible

Angel Olsen, Bledo+Pira+Dj Philister, LoneLady e mais Circuit des Yeux son as bandas que visitarán Vigo ao longo dos vindeiros meses na 13 edición do festival Sinsal de Outono. O vindeiro seis de setembro celebrarase o primeiro dos recitais, que xa teñen a venda as entradas. En paralelo, o colectivo encárgase tamén da organización de Monumenta, o ciclo de música en espazos restaurados que desenvolve a Consellaría de Cultura. A iniciativa arrinca o vindeiro 27 de marzo con actividades e un concerto de Leilía no depósito arqueolóxico de Tourón. Talabarte en Santa María a Nova de Noia, Odaiko en Aquis Querquennis e mais Rodrigo Romaní en Santa Baia de Bóveda completan o programa.