Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O compositor galego Xavier Marinho estrea obra en Suecia

SMASH ENSEMBLE INTERPRETARá DEMOCRAZY O VINDEIRO 27 DE AGOSTO

O compositor galego Xavier Marinho estrea obra en Suecia

CLáSICA/LíRICA | agosto 18, 2015

imaxe non dispoñible

Democrazy é o título do último traballo do compositor ponteareano Xavier Mariño. Este novo creador, nado en 1983 verá o vindeiro 27 de agosto a estrea deste proxecto da man da Smash Ensemble en Malmö, Suecia. Dentro do Susa Festival 2015, a formación presentará por vez primeira esta obra, composta para frauta, saxofón, guitarra, piano, violín, viola e chelo e que ten unha duración de dez minutos. Mariño conta xa con vinte obras no seu haber e no seu currículo destacan diferentes premios e recoñecementos no campo da música contemporánea.