Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Puntada Sen Fío preséntase con A lúa prendeu a luz

O GRUPO APOSTA POR REINTERPRETAR A TRADICIóN CON INSTRUMENTOS POUCOS CONVENCIONAIS

Puntada Sen Fío preséntase con A lúa prendeu a luz

FUSIóN | xullo 2, 2015

puntada_sen_fio_lua_luz.jpg

Xiana Lastra, Juan Collazo e Roberto Rama compoñen Puntada Sen Fío, un grupo enfocado na tradición musical que acaba de publicar o seu primeiro traballo logo dun exitoso proceso de crowdfunding na plataforma Verkami. A lúa prendeu a luz achega nove temas "de moi diferentes estilos, partindo algúns do tradicional e sendo outros composicións propias, de autores da nosa terra ou traducións de cantigas escritas orixinariamente noutras linguas". O grupo aposta por instrumentos orixinais, como o saxo, o vibráfono ou a percusións para interpretar uns temas nos que a tradición ten un importante peso. A Feira do Viño de Caldas, o 3 de xullo será a vindeira cita ao vivo deste conxunto.

VIDEO
Eco de Puntada sen fío
datos do disco