AGADIC apoiou 35 compañías coas súas axudas á distribución
xuño 16, 2015
Un total de 435 actuacións de teatro, danza, novo circo e música, tanto no país como fóra, ademais 35 accións en mercados e feiras internacionais, a cargo dun total de 53 empresas. Estas son as actividades que apoia a Axencia Galega das Industrias Culturais coas súas axudas á distribución, que deu a coñecer onte. Dotada con 350.000 euros, esta liña esgotou xa o seu orzamento segundo publicou recentemente o Diario Oficial de Galicia,polo que non se poderán realizar novas solicitudes. Segundo sinala a Axencia, o 54 por cento dos fondos orientouse á internacionalización da escena e da música a cofinanciar un total de 329 actuacións realizadas en escenarios foráneos.