Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As salas galegas apoian o Día sen Música contra o IVE cultural

A ASOCIACIóN GALEGA DE ORQUESTRAS MANIFéSTASE HOXE EN COMPOSTELA POLA PRECARIZACIóN DO SECTOR

As salas galegas apoian o Día sen Música contra o IVE cultural

MISCELáNEA | maio 20, 2015

imaxe non dispoñible

Clubtura, a asociación que reúne as salas de música ao vivo no noso país, anunciou o seu apoio ao o Día sen Música. Esta celebración reclama a nivel estatal unha redución do IVE que se aplica ás actividades culturais, actualmente do 21%. Deste xeito, os 40 espazos integrados neste colectivo non programarán concertos hoxe. Pola súa banda, desde a Asociación Galega de Orquestras convocouse unha manifestación para esta tarde en Compostela polo mesmo motivo. Este colectivo reclama, segundo anuncia na súa convocatoria, "unha regularización do sector e do noso réxime especial de artistas, pasando por establecer un sistema de tributación viable para os nosos negocios", e denuncia unha "persecución" da Axencia Tributaria.