Ti estás aquí > Inicio / / O IX Festival de Músicas Contemplativas achegará 17 concertos
O IX Festival de Músicas Contemplativas achegará 17 concertos
marzo 3, 2015
Espazos singulares de Santiago de Compostela acollerán entre o 27 de marzo e o 5 de abril a novena edición do Festival de Músicas Contemplativas. O programa, que se presentaba onte no concello da capital, achega unha selección internacional na que se mesturan artistas de Afganistán, derviches turcos, músicos hindús, pezas de Bach ou cantigas medievais. A Real Filharmonía de Galicia será a encargada de abrir o ciclo cun recital centrado no clasicismo vienés que inclúe pezas de Haydn, Beethoven ou Brahms. En total serán 17 concertos, dos cales unicamente dous, no Auditorio de Galicia, serán de pagamento.
Tamén che pode interesar:
- 26/ 3/ 2014 | O Festival Músicas Contemplativas xunta o barroco co contemporáneo en espazos singulares
- 24/ 1/ 2013 | Regresa á oferta compostelá o Festival Músicas Contemplativas
- 12/ 3/ 2012 | Compostela perde o Festival de Músicas Contemplativas
- 1/ 7/ 2009 | O XXV Festival de Ortigueira achegará unha vintena de concertos
- 6/ 4/ 2009 | O recuperado retablo de Ánimas protagoniza o Festival de Músicas Contemplativas