O Festival Primos Hermanos desdóbrase na súa segunda edición
marzo 2, 2015
Primos Hermanos, o festival que busca conectar as escenas musicais galega e asturiana, volta por segundo ano. E faino duplicándose e desenvolvendo unha sesión na capital galega e outra na do Principado. Compostela acollerá o vindeiro 7 de marzo a visita das bandas Noise'n'Confusion, One for Apocalipse, Huia, La Villana e Lucas 15. En retorno, o día 21 serán Puma Pumku, Chicharro, Dois e Alex Casanova os que actúen en Oviedo. O programa complétase con sesións de sidra e vermú, respectivamente, e mais coa oferta de menús típicos de cada lugar.