O novo SON Estrella Galicia comeza a súa andaina
xaneiro 14, 2015
Co novo ano arrinca unha nova edición do ciclo de concerto SON Estrella Galicia. O programa anuncia para esta xeira que a metade dos recitais se desenvolverán en Galicia. Entre os primeiros nomes confirmados, na presentación anunciáronse Walter Salas Humara (23 de febrero no Torgal de Ourense), Arizona Baby (7 de marzo na Sala Karma de Pontevedra), Carmen Boza (1 de maio na Mardi Gras da Coruña), Jacco Gardner (18 de maio no Auditorio de Ourense) e Lidia Loveless (22 de maio no Torgal).