Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Apenino lánzase ao galego con Viravolta

O NOVO DISCO DO MúSICO OURENSáN PRESENTA CATRO TEMAS NA NOSA LINGUA

Apenino lánzase ao galego con Viravolta

ELECTRóNICA | novembro 7, 2014

viravolta_apenino.jpg

Por vez primeira Marco Maril, Apenino, achégase ao galego na súa carreira musical. Viravolta, o seu novo traballo, conta con catro dos seus sete temas na nosa lingua, entre eles o single de presentación Conversa ultramarina, inspirado no traballo de Lois Pereiro. O músico compostelán manten a súa posta polo electropop, e crea ambientes sonoros coidados e complexos nun novo traballo que sae en formato de vinilo 10" con código de descarga de MP3 da man de Jabalina Records. O volume foi gravado este verán con Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro e sairá á venda de xeito oficial o vindeiro 17 de novembro aínda que xa está dispoñible en prevenda. Apenino participou o pasado martes 5 cun concerto no Ukelele Kit Project en Santiago de Compostela.

MULTIMEDIA
Conversa ultramarina de Viravolta
datos do disco