Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cincuenta accións de promoción escénica e musical reciben axudas de AGADIC
Cincuenta accións de promoción escénica e musical reciben axudas de AGADIC
agosto 5, 2014
A Axencia Galega das Industrias Culturais publicaba onte a primeira resolución da súa liña de axudas para a promoción exterior e xiras escénicas e musicais. Un total de 20 empresas conseguiron apoios para accións deste tipo, entre elas propostas de xiras no exterior como o proxecto Inter Celtic de Carlos Núñez, que recibe 40.000 euros, a xira americana de Roi Casal, que obtivo 17.740 ou as actuacións foráneas de Produccións Teatrais Excéntricas, Teatro Ensalle ou Tanxarina Títeres. Nas axudas para a distribución de espectáculos en Galicia, Malasombra Producións foi a maior beneficiada con 35.339 euros. O prazo de solicitude para esta liña de axudas continúa aberto ata o 30 de setembro ou ata esgotar o orzamento de 350.000 euros con que conta esta partida.