Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Golfiños debutan con Té, chocolate e café

UN LIBRO-CD E UN ESPECTáCULO PARA OS MáIS NOVOS SERVEN DE PRESENTACIóN DO GRUPO

Golfiños debutan con Té, chocolate e café

INFANTIL | xullo 28, 2014

te-chocolate-e-cafe.jpg

Xa está nas tendas Té, chocolate e café, o libro-disco co que debuta Golfiños. Aínda que con anos de existencia, este grupo orientado aos máis novos da casa lanza agora o seu primeiro traballo no que mesturan melodías tradicionais e composicións propias que falan de diferentes animais, contan adiviñas ou abordan historias orientadas ás crianzas. O grupo, composto por Elena Paz , Diego Paz e Xosé Liz, presentaba o seu espectáculo o pasado 25 de maio en Vigo e está a desenvolver a xira presentación. A vindeira parada é hoxe mesmo na libraría San Pablo de Santiago de Compostela.

datos do disco