Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Elelelos amosa a tradición sonora de Bueu

A ASOCIACIóN RETROUSO DE CELA CONSEGUIU PUBLICAR ESTE DUPLO áLBUM GRAZAS AO CROWDFUNDING

Elelelos amosa a tradición sonora de Bueu

FOLK | xullo 8, 2014

elelelos_retrouso_cela.jpg

Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, a Asociación Retrouso de Cela acaba de publicar, da man de Inquedanzas sonoras, o duplo álbum Elelelos. Música de tradición oral do Concello de Bueu. O proxecto inclúe dous CDs, o primeiro dos cales escolma as gravacións que a asociación realizou por diferentes parroquias do concello ao longo dos últimos quince anos. Música de gaita, filharmónica, pandeireta e canto atópanse nun total de 47 cortes. O segundo CD de Elelelos amosa 14 pezas tradicionais reinterpretadas por músicos da asociación. Logo da presentación oficial en Bueu o pasado día 27 de xuño, está prevista outra actuación o vindeiro 12 de xullo no marco do XIII Festival Retrouso.

datos do disco