Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha charla concerto recupera a compositora Eugenia Osterberger

ROSARIO MARTíNEZ E BEATRIZ LóPEZ-SUEVO PRESENTAN OS SEUS TRABALLOS DE INVESTIGACIóN ESTA FIGURA

Unha charla concerto recupera a compositora Eugenia Osterberger

CLáSICA/LíRICA | xuño 12, 2014

imaxe non dispoñible

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle esta tarde a partir das sete a charla concerto Eugenia Osterberger. Unha compositora galega na Belle Époque. A iniciativa, desenvolvida da man da Consellaría de Cultura, pretende reivindicar o traballo desta música e artista do século XIX. O programa inclúe os relatorios Achegamento á biografía de Eugenia Osterberger de Rosario Martínez e A obra de Mme. Saunier e a súa contribución á creación musical galega, no que Beatriz López-Suevos analizará a relevancia da súa produción musical no contexto da época. Como final, López-Suevos, ao piano e a soprano Susana de Lorenzo interpretarán varias pezas desta compositora.