O Real Coro Toxos e Froles publica o disco do seu centenario
maio 30, 2014
Un repaso polos temas que marcaron a súa historia é a primeira proposta que fai o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol para conmemorar o centenario que cumpre en 2015. 100 anos achega 14 temas entre so que se atopan clásicos de Pascual Veiga ou Juan Montes ou as foliadas de Comba, de Corrubedo e de Cortegada, as pandeiradas de Lamas e do Grobe, ou cancións como Lonxe da terriña, Ferrolada e San Benitiño, entre outras. O Teatro Jofre de Ferrol acolle mañá o concerto co que se inician as celebracións do centenario e que servirá de presentación do novo traballo. A partir das 22:30, a formación actuará acompañadao da Coral de Ruada de Ourense e do grupo de baile Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela. O álbum, editado por PAI Música gravouse no estudio Casa de Tolos.
Tamén che pode interesar:
- 7/ 3/ 2018 | A música galega celebra o legado de Tonecho no Jofre
- 24/ 1/ 2013 | Os Melidaos lanzan Axudádeme a cantar
- 27/ 5/ 2009 | Unha serie de actividades lembrarán este venres os 95 anos do Toxos e Froles
- 3/ 7/ 2008 | A Asociación de Gaiteiros Galegos xestionará a escola de música tradicional de Lugo
- 28/ 5/ 2002 | O coro Toxos e Froles de Ferrol celebra o seu oitenta e sete aniversario