Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Brinca Vai! propón unha viaxe musical polos doce meses do ano

PACO NOGUEIRAS é O RESPONSABLE DO NOVO LIBRO-CD DE KALANDRAKA PARA OS MáIS NOVOS

Brinca Vai! propón unha viaxe musical polos doce meses do ano

INFANTIL | maio 22, 2014

Brinca_Vai_paco_nogueiras.jpg

O Samaín, o Magosto, o Apalpador, o Entroido ou o verán teñen cadanseu tema en Brinca Vai!. O novo disco de Paco Nogueiras propón unha viaxe polos doce meses do ano noutras tantas cancións que repasan festas, xogos populares e historias. O proxecto, editado por Kalandraka nun libro-CD-DVD conta cun web de apoio no que se publicarán actividades didácticas e contidos extra. O espazo Libros para Soñar de Vigo acolle este venres 23 a presentación do proxeccto.

MULTIMEDIA
Presentación de Brinca Vai! en Youtube
MULTIMEDIA
Meu o mundo é de Brinca Vai!
AUDIO
Fragmento do Rap do Magosto de Brinca Vai!
datos do disco