Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Roi Casal achégase ao pop no seu novo álbum

O HARPISTA PRESENTA SETE TEMAS EN DONOS DO NOSO DESTINO

Roi Casal achégase ao pop no seu novo álbum

FOLK | marzo 24, 2014

donos_do_noso_destino_roi_casal.jpg

Cun xiro pop Roi Casal presenta Donos do noso destino, o seu terceiro álbum. O harpista achega sete novos temas de composición propia entre os que musica textos de Rosalía de Castro, Xosé María Días Castro ou William Ernest Henley. Instrumentos tradicionais como a harpa e zanfona comparten sons con guitarras eléctricas, baixos e baterías, nunha mestura na que o artista recoñece unha maior influencia pop. Logo de o presentar en Zurich a pasada fin de semana, Casal iniciará a xira de presentación do álbum cun concerto no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 2 de abril.

MULTIMEDIA
Rosa de Donos do noso destino
datos do disco