Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sés lidera Desaramar, un proxecto musical reivindicativo

A INICIATIVA PRESéNTASE O VINDEIRO 7 DE MARZO CUN CONCERTO NO CORUñéS CENTRO ÁGORA

Sés lidera Desaramar, un proxecto musical reivindicativo

MISCELáNEA | febreiro 11, 2014

imaxe non dispoñible

"Extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel" e sinalar que "podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade" son os obxectivos do proxecto Desaramar. María Xosé Silvar Sés promove esta iniciativa centrada na desigualdade de xénero na que, acompañada dunha banda e numerosos colaboradores, abordará temas propios e alleos convencida do poder transformados da música. A primeira xeira desta iniciativa desenvolverase o vindeiro 7 de marzo no Centro Ágora da Coruña.

O concerto contará coa participación de Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco.

Ligazóns