Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Lugo acolle desde hoxe o seu XXIII Festival de Jazz

DEZANOVE CONCERTOS LEVAN ESTE RITMO á CIDADE DA MURALLA

Lugo acolle desde hoxe o seu XXIII Festival de Jazz

JAZZ/BLUES | novembro 8, 2013

imaxe non dispoñible

Desde hoxe e ata o vindeiro 16 de novembro, o Club Clavicémbalo, o Círculo das Artes e a Casa do Saber da Universidade de Santiago acollen os 19 concertos que forman o programa do XXIII Festival de Jazz de Lugo. O programa conta con figuras como Pat Martino, Laika Fatien ou Jerry Bergonzi e unha ampla presenza galega que inclúe a Zas! Trío, Nani García Trío, Rafa Fernández Quinteto ou Sumrrá entre outros.