Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Jazzatlántica leva once recitais á Coruña

CHUCHO VALDéS, GREGORY PORTER OU MICHEL CAMILO ACTUARáN ENTRE O 21 DE OUTUBRO E O 27 DE NOVEMBRO

Jazzatlántica leva once recitais á Coruña

JAZZ/BLUES | outubro 18, 2013

imaxe non dispoñible

O Teatro Rosalía de Castro e mais o Palacio da Ópera concentrarán as actuacións da nova edición e Jazzatlántica. O festival volta á Coruña entre o 21 de outubro e o 27 de novembro a ampliar a súa programacion en tres recitais respecto ao ano pasado. En total serán once concertos con figuras internacionais como Medeski, Martin & Wood, Gregory Porter, Chucho Valdés, Joe Lovano e Saxophone Summit ou Michel Camilo. A representación galega irá á cargo de Marcos Pin, Verónica Fereiro e mais a G.S.M. Big Band e Jorge Prado. De xeito paralelo programaranse Jam Sessions e dúas clases maxistrais.