Alberto Conde reinterpreta a Villa-Lobos no seu novo álbum
outubro 3, 2013
Jazz con canto lírico e percusión indo-magrebí, a partir de partituras dun compositor clásico que rescataba sons populares do Brasil. Esta é a proposta que fai Alberto Conde Atlantic Trio en Villa-Lobos: A New Way, un álbum no que conta coas colaboracións de Nirankhar Khalsa, Kin García, Miguel Cabana e a cantante Carmen Durán. O disco incorpora letras orixinais a varios dos temas de Villa-Lobos e inclúe outros compostos polo propio Conde inspirándose neste traballo. Logo de se presentar oficialmente o pasado día 1 en Compostela, o disco presentarase no MARCO de Vigo o 3 de outubro e iniciará unha xira que o levará ao centro Ágora da Coruña (17 de outubro) e ao Auditorio de Vigo (19 de outubro).