Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario
setembro 17, 2013
Doce novos temas (catorce na edición especial) compoñen o cuarto álbum de estudio de Iván Ferreiro e quinto da súa carreira en solitario. O ex-líder de Los Piratas pon á venda o vindeiro 24 de setembro Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo e adianta xa dous temas por Internet. El dormilón e Como conocí a vuestra madre son os primeiros singles deste traballo que sae con versións en CD e vinilo e que inclúe unha colaboración con Julieta Venegas. O álbum foi gravado nos estudios Blind Records de Barcelona e amosa o retorno do músico á temática intimista.
En outubro comezará a xira de presentación do traballo, cun concerto o día 25 na sala Apolo de Barcelona. A visita a Galicia está prevista para o 15 de novembro, cun recital na sala compostelá Capitol.
Tamén che pode interesar:
- 24/ 8/ 2018 | Iván Ferreiro versionará a Golpes Bajos no seu novo disco
- 16/ 7/ 2018 | Charo Pita convídanos a pasear No país do vento
- 16/ 1/ 2018 | Fernando Barroso continúa carreira en solitario con Silence Lovers Club
- 18/ 10/ 2017 | Andrea Pousa inicia a súa carreira en solitario con Respirar
- 9/ 1/ 2017 | Pablo Seijas continúa a súa carreira en solitario Debajo del aire