Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Astarot celebra os seus 30 anos con Séptimo pecado

O NOVO DISCO ACHEGA ONCE TEMAS PROPIOS E CATRO VERSIóNS

Astarot celebra os seus 30 anos con Séptimo pecado

ROCK | xullo 22, 2013

astarot_septimo_pecado.jpg

Once composicións de Carlos Gandón e mais catro versións de temas galegos como Xirarei, O tren ou Adeus ríos, adeus fontes compoñen o novo disco de Astarot. O grupo do Morrazo celebra os seus trinta anos con Séptimo pecado un volume no que alterna galego e castelán e onde os temas propios collen protagonismo. Gravado nos Estudios Musitrón de Madrid, o álbum conta coas colaboracións de Rosa Cedrón e Joaquín Padilla. O grupo está a desenvolver este verán a xira de presentación, que os levará a Ribeira (24 de xullo), Cesantes (26), Poio (27) ou Sada (14 de agosto) entre outras datas.

datos do disco